Sunday 07 de July de 2024

A Escola municipal de teatro infantil de Neda estrea este mércores a comedia “Casa Amanda”


A escola municipal de teatro infantil de Neda organiza o mércores 26 de xuño, a partir das 19 horas, a súa tradicional Mostra fin de curso. Unha cita que aproveitarán para estrear nova obra, e que contará ademais cun grupo convidado.

Dirixidos por Marián Rei, as actrices e actores da escola municipal afrontan o novo reto de pór en escena unha segunda montaxe nesta tempada. Trátase de “Casa Amanda”, unha nova comedia, na que o elenco volverá despregar todo o seu talento. Trátase dunha adaptación da divertida peza teatral “Restaurante Farruco” de Chus Pereiro.

O grupo vén de participar no XXV Certame de teatro escolar e afeccionado da Deputación da Coruña, con “Tele 13. Un horror de canle”, acadando Noelia Sanmartín, Martina Chao, Noelia Casal, Sara Carneiro, Bernabel Menéndez diplomas pola súa “participación destacada”.
Na “Mostra de fin de curso” está previsto que participe tamén o Grupo de Teatro Santiago Apóstol, que presentará a obra “Zapping”, comedia escrita e dirixida por Óskar Gáez.

Deja un comentario